Cantastes ou cantáchedes?

Publicado: 14/07/2015 em Non admitido, Variedades dialectais
Tags:,

Cal é o forma correcta da segunda persoa do plural do pretérito perfecto do verbo cantar? A forma normativa é cantastes, aínda que a forma que eu uso é cantáchedes. E preguntarédesvos: de onde vén a forma cantáchedes? Ben, a segunda persoa do singular do mesmo tempo é cantaches (aínda que tamén se rexistra cantache, malia non se-la forma normativa), e é moi habitual que a segunda persoa do plural remate en -des (cantardes, comésedes, poderiades, partides…). Polo tanto, creouse por analoxía: cantache + des. Eu penso que esta forma ben podería se-la normativa, xa que a súa formación ten lóxica. Colleuse a forma da segunda persoa do singular e pra pasala ao plural engadíusellle un -des; por ser esta a forma na que que rematan a ampla maioría das formas verbais da segunda persoa do singular. De feito, agora mesmo só se ocorren dúas excepcións: o pretérito perfecto e o imperativo. Penso que se podería elimina-lo pretérito perfecto desa lista e deixar só o imperativo.

A outra forma rexistrada é cantástedes. Esta variante quizais sexa unha contaminación do castelán e do portugués, u a forma que usan pra segunda persoa do singular do pretérito perfecto do indicativo é “cantaste”, “andaste”, “amaste”, “comiste” (“comeste”, no portugués)… Despois, engadíuselle um -des a esa forma foránea. Polo tanto, non recomendaría o seu uso; se esa fo-la súa formación. Outro caso que se me ocore ñe que collesen a forma normativa (cantastes), que xa se usa pra segunda persoa do plural, e lle acrecentasen un -des; eliminando un -s no proceso de amálgama. Tampouco sería recomendável o seu uso, neste caso.

Agora, pasemos á forma “cantastes“; a normativa. Esta forma disque é a que máis se parece ao latín, a máis espallada polo territorio galego, rexistrada no galego de tódolas épocas… Si, é tamén se parece moito ás formas do castelán (cantasteis) e do portugués (cantastes). Pra min, que se colleu a forma da segunda persoa do singular (cantaste) e engadíuselle un -s pra pasalo ao plural. Sería usada na Idade Media, non digo que non, mais cantas formas que foron usadas nesa época xa non se usan (aquesta senhor, com um cor mui grande)? Ademais, daquela a diferenza antre as línguas románicas era menor cás que hai hoxe. Iso significa que as conjugacións verbais tamén se parecían máis. E respeito a se-la forma máis estendida polo territorio galego… ese non é un criterio moi fiábel; do contrario habería que admitir conexo, lentexa, rodilla, silla, amortiguador, suelo, primaveira, usté, verdá, tobillo, guisante, calcetín (A non, é verdade! Esta última si que a admitiu a Real Academia Galega! Agora xa só lle falta admiti-lo resto!).

Ou sexa, a forma normativa é cantastes; mais eu penso que tiña de ser “cantáchedes”.

O do verbo cantar é un exemplo, podería poñer no seu lugar o verbo andar (vós andastes, ti andaches, vós andáchedes), poder (vós comestes, ti puideches, vós puidéchedes), ir (vós fostes, ti foches, vós fóchedes)…

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s