Desbrozar e desbrozadora

Publicado: 15/07/2015 em Non admitido
Tags:,

Estas son 2 palabras non admitidas pola RAG. Pra definición de desbrozar, hai que usar rozar, e pra desbrozadora, hai que usar rozadoira. Iso si, broza si que está admitido.

Eu penso que desbrozar e desbrozadora son 2 palabras moi espalladas no galego actualmente, e creo que habería que admitilas, e eu, igual que moita xente da miña localidade e de Galiza, usamos moitas veces desbrozar e desbrozadora, tanto na fala coma na escrita. Agora, a pregunta é : Porque non está admitido desbrozar e desbrozadora? Son hipergaleguismos? Non. Son castelanismos? Tampouco. Desbrozar e rozar están admitidos no castelán, mais non desbrozadora e rozadoira. Entón, Porque non está admitido? Ben, pódese dicir que a RAG pensa que desbrozar e desbrozadora son 2 palabras vulgares, non aptas prá lingua culta. Rozar é unha palabra que tamén se usa bastante, mais rozadoira, non o escoitei nunca, e creo que é minoritario; mentres que desbrozar e desbrozadora é de uso maioritario, e bastante máis usado ca rozar e rozadoira. Desbrozar e desbrozadora están tan espallados, que no programa da Galega “Era visto” sempre usaron estes termos, quizais rozar pode ser que o usaran algunha vez, aínda que desbrozar usárono moito máis, e rozadoira si que xa non o usaron nunca.

Agora, o que eu digo é, tendo en conta o espallado que están desbrozar e desbrozadora, pode dicir a RAG que son 2 palabras que non se deben admitir, e que forman parte do galego vulgar. Creo que non, xa que a Galega moito de vulgar non ten, e tendo en conta o gran número de falantes que teñen estas 2 palabras, deberíanas admitir.

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s