Temesiño

Publicado: 15/07/2015 em Enxebre

Esta é unha palabra admitida pola RAG e da cal penso que habería que aumentar o seu uso e usala cando poidamos, xa que é unha palabra propia da lingua galega e que soa galega, porén paréceme que é unha palabra pouco coñecida pola maioría da xente.

O seu sinónimo é tímido, que é a palabra que usa a maioría da xente. Tímido ten 2 significados :

1. Que mostra falta de seguridade e de desenvoltura nas súas relacións cos demais, particularmente coas persoas con quen non ten confianza. Exemplo :

Non fala con ninguén porque é un neno moi tímido.

2. Falto de vigor ou enerxía. Exemplo :

O Goberno promoveu unhas tímidas reformas que pra nada cambiaron a situación.

Temesiño ten un significado, e é o mesmo có primeiro de tímido, de aí que sexan sinónimos. Exemplos :

A profesora non conseguía que os alumnos temesiños lle falasen na clase.
Non fala con ninguén porque é un neno moi temesiño.

Na segunda acepción, non se pode usar temesiño, e aí si que se debe usar tímido.

Polo tanto, a miña recomendación, é que cando vos refirades ao primeiro significado, usedes temesiño, e tímido usádeo só cando vos refirades ao segundo significado.

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s