Abandoar

Publicado: 16/07/2015 em Hipergaleguismo, Non admitido
Tags:,

Este é outro hipergaleguismo, e a forma correcta é abandonar. Porén, está bastante espallado no pobo galego, quizais por unha tendencia que se creou que é a perda do n intervocálico, coma no caso de persoa.

Creo que habería que admitir esta forma, iso si habería que seguir admitindo abandono, xa que referirse ao abandono ao abandoo non que queda ben e soa mal, porén, si soa ben na primeira persoa do singular do presente de indicativo (eu abandoo) e podería confundirse o abandono con esta forma, se pasase tamén a ser abandoo. Neste sentido, a forma de abandoo pra referirse ao abandono é minoritaria.

Algúns exemplos de uso desta forma son : http://www.crtvg.es/informativos/feijoo-cre-que-abandoar-a-loita-contra-o-nacionalismo-non-e-unha-opcion-845278, http://artabra21.blogspot.com.es/2015/04/parecenos-irresponsable-ainda-que.html, http://www.apeneiradixital.com/anton-louro-insta-ao-partido-popular-a-abandoar-a-frivolidade-no-debate-sobre-o-pxom/, http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/actitudes-abandoar-tempos-etica-indolora/idEdicion-2006-07-09/idNoticia-63170/… Podedes ver máis resultados buscando abandoar buscando esa palabra nalgún buscador web.

A forma de conxugar este verbo, según a RAG, é :

Indicativo
Presente P.Pluscuamperfecto
abandono abandonara
abandonas abandonaras
abandona abandonara
abandonamos abandonaramos
abandonades abandonarades
abandonan abandonaran
Pretérito imperfecto Futuro
abandonaba abandonarei
abandonabas abandonarás
abandonaba abandonará
abandonabamos abandonaremos
abandonabades abandonaredes
abandonaban abandonarán
Pretérito Perfecto Condicional
abandonei abandonaría
abandonaches abandonarías
abandonou abandonaría
abandonamos abandonariamos
abandonastes abandonariades
abandonaron abandonarían
Subxuntivo
Presente
abandone
abandones
abandone
abandonemos
abandonedes
abandonen
Pretérito imperfecto
abandonase
abandonases
abandonase
abandonásemos
abandonásedes
abandonasen
Futuro
abandonar
abandonares
abandonar
abandonarmos
abandonardes
abandonaren
Imperativo
abandona
abandonade
Infinitivo Conx.
abandonar
abandonares
abandonar
abandonarmos
abandonardes
abandonaren
Xerundio
abandonando
Participio
abandonado
abandonada
abandonados
abandonadas

E a forma alternativa é a seguinte:

Indicativo
Presente P.Pluscuamperfecto
abandoo abandoara
abandoas abandoaras
abandoa abandoara
abandoamos abandoaramos
abandoades abandoarades
abandoan abandoaran
Pretérito imperfecto Futuro
abandoaba abandoarei
abandoabas abandoarás
abandoaba abandoará
abandoabamos abandoaremos
abandoabades abandoaredes
abandoaban abandoarán
Pretérito Perfecto Condicional
abandoei abandoaría
abandoaches abandoarías
abandoou abandoaría
abandoamos abandoariamos
abandoastes abandoariades
abandoaron abandoarían
Subxuntivo
Presente
abandoe
abandoes
abandoe
abandoemos
abandoedes
abandoen
Pretérito imperfecto
abandoase
abandoases
abandoase
abandoásemos
abandoásedes
abandoasen
Futuro
abandoar
abandoares
abandoar
abandoarmos
abandoardes
abandoaren
Imperativo
abandoa
abandoade
Infinitivo Conx.
abandoar
abandoares
abandoar
abandoarmos
abandoardes
abandoaren
Xerundio
abandoando
Participio
abandoado
abandoada
abandoados
abandoadas
Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s