Mediciña

Publicado: 17/07/2015 em Hipergaleguismo, Non admitido, Variedades dialectais
Tags:

Mediciña é un hipergaleguismo bastante espallado entre os galegofalantes, que non está admitido pola RAG e no seu lugar, debemos usar medicina ou menciña, agás pra referirse á profesión, por exemplo:

El estudou medicina.

Mediciña, probabelmente, proveña dunha tendencia a que as palabras que rematan en -ina, sexan -iña en galego, axudado por unha mestura entre medicina e menciña, dando como resultado a palabra hipergaleguista mediciña.

Teño que dicir que sempre uso mediciña en lugar de medicina ou menciña, aínda que eu creo que habería que usar menciña. Porén, como menciña non é sinónimo de medicina en todo, habería que admitir mediciña en lugar de medicina. Ademais, mediciña non é unha palabra descoñecida prós galegofalantes.

Deixa o teu comentario