Aluguer, alugueiro ou alugamento?

Publicado: 31/07/2015 em Enxebre
Tags:

Aluguer foi unha forma admitida ata fai pouco, por iso aínda hai moita xente que pensa que esa é a forma correcta, mais non a é, e é unha forma que cómpre evitarmos, xa que segue a mesma estrutura da tradución ao castelán alquiler.

Entón, cal é a forma correcta? Pois a forma correcta, e que se pode usar sempre cando falemos diso é alugueiro. Mais alugueiro ten 3 significados, e nun deles pódese usar tamén alugamento. Concretamente, cando tamén se pode usar alugamento é cando nos refiramos á acción e efecto de alugar. Iso si, tamén se pode usar alugueiro se queredes. Vos escolledes. Exemplos :

Polo alugamento da praza de garaxe pagan moi pouco.

Non lle interesa ter o piso en alugueiro.

O caso é que alugueiro tamén ten outros 2 significados nos que non se pode usar alugamento, que son :

1) Persoa que toma unha cousa en alugamento. Exemplo :

Os alugueiros págannos 10.000 pesos ao mes.

2) Cantidade que se paga periodicamente polo arrendamento de algo. Exemplo :

Débelle o alugueiro de 2 meses.

Por último, aínda que no galego xa non estea admitido; se ollamos cara a lusofonía, veremos que en Portugal seguen dicindo aluguer. Mais non é o caso do Brasil, xa que neste país din aluguel.

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s