Destaque

Publicado: 02/08/2015 em Lusismo, Non admitido
Tags:

O outro día, cando estaba facendo o artigo https://estensiondogalego.wordpress.com/2015/07/31/xornais-dixitais-en-lingua-galega/, cando me puxen a ler Sermos Galiza (http://www.sermosgaliza.gal/) e atopei unha sección que puña “En destaque”. É curioso, porque destaque no galego só está admitida coma a primeira ou terceira persoa do singular do presente de subxuntivo do verbo destacar, mentres que por ese título parecía que estaban utilizando o destaque portugués, xa que nesa lingua destaque ten un significado máis amplo. Por ese título, parecía que estaban substituíndo a clásica sección “Destacado” por “En destaque”. No Diário Liberdade tamén aparece destaque, xa que ten a sección “Destaques de hoje”.

Esta palabra esta admitida no portugués e no reintegracionismo de máximos. De feito, no Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (http://www.priberam.pt/dlpo/), en destaque aparece como palabra relacionada, destacado. No dicionario da RAG non aparece esta palabra, polo tanto, pra saber o significado desta palabra, temos que irnos ao dicionário Estraviz (http://www.estraviz.org/), no que se define esta palabra como :

1) Calidade do que destaca, do que sobresae. Exemplo : O destaque dun edificio.
2) No deporte da esgrima, golpe co florete por debaixo do florete contrario.

Polo exemplo, poderíase substituír por “que sobresae” ou “que destaca”, polo tanto esa frase poderíase tamén deste xeito :

O que sobresae dun edificio.
O que destaca dun edificio.

Penso que habería que admitir destaque nas 2 definicións, após todo, non é unha má palabra e non teño nada en contra pra non admitir destaque, achegariámonos máis ao portugués e as palabras nunca sobran, ademais, aportaría riqueza léxica á nosa linguaxe.

Anúncios
comentários
  1. Luiz disse:

    Qual o significado da expressão “reintegracionismo”?

    Curtir

    • O reintegracionismo (re + integracionismo, volver a integrar) é unha corrente que defende que o galego e o portugués son a mesma lingua e, polo tanto, se deben escribir igual. Como saberás, o galego e o portugués partiron do mesmo punto. Na Idade Media, eran a mesma lingua. Pero, despois, a Galiza pasou polos Séculos Escuros (3 séculos sen case ningún texto escrito no galego). Despois, a partir da Ilustración, comezou a recuperarse o galego; proceso que se completou co Rexurdimento e a formación das Irmandades da Fala. Cal era o problema? Que eses autores pensaban que eran os primeiros a escribir en galego, descoñecían a existencia das cantigas medievais. Polo tanto, o seu modelo de escrita se baseaba no castelán. O que propón o reintegracionismo é que se use un galego mais coherente co galego medieval e co portugués actual. Por exemplo:
      ñ por nh: cocinha por cozinha
      ll por lh: traballo por trabalho
      “cê cedilhado” nalgunhas palabras: espazo por espaço
      -ción por -çom: nación por naçom
      Acentos circunflexos e graves: fluorescência, tôdolos e àqueles
      Hai que dicir, respeito ao uso do acento circunflexo sobre o a, hai opinións diverxentes. Hai reintegracionistas que o usan (lâmpada, ângulo, distância) e outros que non (lámpada, ángulo, distáncia).
      Logo, dentro do reintegracionismo, hai varias propostas:
      – A da AGLP (Academia Galega da Língua Portuguesa): Propón un uso do galego igual ao portugués actual, mais admitindo o léxico propio da Galiza (https://www.academiagalega.org/).
      – A da AGAL (Associaçom Galega da Língua): Admite o uso do -ção/-çom, lâmpada/lámpada… dependendo do fiel que se queira ser á pronuncia galega (http://agal-gz.org/faq/doku.php?id=pt_agal:normas:norma_da_agal).
      – A da AEG (Associaçom de Estudos Galegos): Usa o çõm, non utiliza tis (irmao) e é mais fiel á pronuncia do bloque occidental galego. (http://www.aeg.gal/)
      – E estoutra: https://umnovoreintegracionismo.wordpress.com/ e https://umnovoreintegracionismo.wordpress.com/normativa/
      Isto do galego… pode compararse co aragonés ou co noruegués.

      Curtir

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s