Cabozo

Publicado: 07/08/2015 em Non admitido

Esta é unha forma non admitida pola RAG, e no canto de cabozo, din que hai que usar “calabozo” ou “alxube“; mentres que no dicionário Estraviz propoñen o termo “calabouzo” (tamén existente no portugués, aínda que esta suxestión non está aceptada pola RAG, polo de agora). Outros sinónimos destas palabras son “cagarrón“, “falcona” e “choupana“.

Calabozo é unha palabra que provén do latín vulgar “calafodiu” e alxube é unha palabra que provén do árabe “al-jubb”.

A min paréceme que habería que usar alxube, mais creo que é mellor usar cabozo ca calabozo/calabouzo. A razón? Ben, pra comezar por etimoloxía, xa que se a palabra evolucionase correctamente do latín, seguindo tódolos pasos, a forma correcta sería cabozo. E esta é a razón pola que moita xente intenta potenciar o uso de cabozo e facer ver que calabozo é un castelanismo. O problema é que hoxe en día non se fala moito de cabozos ou alxubes, e fálase máis de cárceres ou prisións.

Na miña opinión, a orde de preferencia sería esta:

  1. Cabozo (sería a forma patrimonial)
  2. Calabouzo (por estar admitida no portugués)
  3. Calabozo
Anúncios
comentários
  1. Alexandre disse:

    Faltouche falar da palabra homónima ‘cabozo’, unha variante dialectal de ‘cabazo’, que é un tipo de hórreo. Un canastro, que lle chaman na miña zona. De feito, ese significado é o que da nome á rede social galega Cabozo ( http://cabozo.com/ ).

    E o de “se a palabra evolucionase correctamente do latín” é bastante inexacto. Na lingua existen palabras patrimoniais (cheo), semicultismos (preamar) e cultismos (pleno). E ningunha palabra desas tres clases evolucionou “incorrectamente”.

    Calabozo é simplemente un cultismo, non un castelanismo. A forma portuguesa é ‘calabouço’, tamén mantén o l intervocálico. Eu decantaríame máis por pensar que a forma *cabozo é un hiperenxebrismo, como *escea ou *ordear.

    Curtir

    • Anónimo disse:

      Xa sei que calabozo é un cultismo ou semicultismo, mais se a quixésemos pasar pra que fose unha palabra patrimonial, a forma correcta sería “cabozo”. Tamén falan diso no artigo “Calabozo” de “Dúbidas do galego”. E eu non puxen que “calabozo” fose un castelanismo, puxen que algúns o consideraban coma castelanismo (malia estar admitido). Se ti queres usar “calabozo” podes; aínda que, como dixen neste artigo, creo que o máis recomendábel sería “alxube” xa que é unha palabra propia do galego.
      E nas variedades dialectais, só se sei as da miña zona e pouco máis, pró resto podedes achegar vos información pra arrequecer o artigo, se é non o sei. Neste caso, non sabía que “cabozo” fose unha variedade dialectal de “cabazo”, así que moitas grazas por achegar esa información.

      Curtir

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s