Dacordo

Publicado: 07/08/2015 em Non admitido
Tags:

A Real Academia Galega non admite contraer “de” con “acordo”, co cal, segundo eles, débese usar sempre a forma separada, que é “de acordo”.

Falando de preposicións; poden contraer cos artigos determinados a, con, de, en e pra (aínda que a RAG non recomende o uso desta última preposición, a opción aí está) e cos artigos indeterminados con, de e en. Estas dúas últimas preposicións tamén poden contraer cos demostrativos, cos pronomes persoais de terceira persoa, con algún e con outro (xunto cos femininos e plurais destes). Tamén poden contraer co indefinido un e co seu feminino e plurais. Mais, neste último caso e ao contrario do que sucede co artigo indeterminado, “con” non pode contraer con “un”; cando este é indefinido. E esas son as posibilidades de contraccións con preposicións que ofrece a normativa actual.

Antes da normativa, isto non era así. Só hai que ollar un texto dalgún dos autores do Rexurdimento. Por exemplo, da Rosalía de Castro. Eles escrevían como falaban e, como na fala de e en contraen sempre que a palabra seguinte comeza por vogal o por h muda, representaban ese fenómeno co apóstrofo. Aínda que este fenómeno outrosí estaba presente noutras preposicións e, polo tanto, tamén eran representados por estes autores; os casos máis salientábeis eran “de” e “en”. Con todo, a Real Academia Galega consideraba o apóstrofo un símbolo de atraso e restrinxiu moito o seu uso. Actualmente, o apóstrofo só se pode en topónimos, en títulos de libros… (d´A Coruña, d´A Esmorga). Isto provocou que as contraccións admitidas pola RAG pasaran a escribirse sen apóstrofo (por exemplo, d´o pasou a do e ch´os pasou a chos). Mais a decisión de restinxi-lo número de contraccións na escrita provocou que moitos falantes do galego deixen de face-las na fala; ao non representarse na escrita. O mesmo ocorreu admisión do “ao” (que sempre hai que pronunciar “ó”, independentemente de que non se use na escrita) ou a non obrigación de uso da segunda forma do artigo. Aínda que non se lle pode botar toda a culpa á RAG, xa que a educación tamén ten bastante que ver neste conto. Os profesores terían que ensinar que, malia non representarse na escrita, eses fenómenos son propios do galego oral.

Agora ben, que o apóstrofo é un símbolo de atraso… está claro que os da Real Academia Galega quixeron segui-lo modelo castelán. A que hoxe é a “lingua internacional”, o inglés, usa bastantes apóstrofos (isn´t, aren´t). O francés e outros idiomas tamén utilizan este recurso. A cuestión é: Por que o galego non?

Eu penso que este fenómeno está moi espallado na fala (ou estaba). Polo tanto, eu penso que o uso do apóstrofo tería que estar admitido (d´acordo, d´ouro, n´Aragón). En principio, as contraccións serían sempre que as preposicións “de” e “en” vaian sucedidas por unha verba que comece por vogal ou h muda (polo tanto, non vale hacker nen hardware). Poderíase ampliar tamén a outras preposicións que tamén contraen na fala, mais as principais son “de” e “en”. Con que a Real Academia Galega fixese iso, xa estaría satisfeito. E as contraccións que arestora se usan sen apóstrofo, poden deixarse así.

Aínda que se poderían facelas contraccións sen necesidade de apóstrofo, o uso deste é importante pra conserva-lo percepción da palabra coa que se contrae. Por exemplo, d´ouro. Se contraemos sen apóstrofo, ficamos cun “douro”. E, nese caso, parecería que estamos a falar dun río ben coñecido en vez de algo que sexa de ouro. Claro que non estaría en maiúscula, mais aínda así perderíase parte da percepción de que estabamos falando dun obxecto de ouro. Estas situacións poden evitarse co uso do apóstrofo.

Ademais, tampouco faría falla estabelece-al obrigatoriedade do apóstrofo. Simplemente, terían que deixar esa posibilidade; como se fai agora coa segunda forma do artigo, -ble/-bel, -aría/ería… Así é como fan tamén no inglés. Na escrita pódese optar por “isn´t” ou “is not”, mais na fala recoméndase usar “isn´t”.

En todo caso, a normativa oficial é a que é e; polo tanto, en contextos formais, hai que cinxirse á normativa. As reclamacións que poidades ter verbo das escollas da normativa deixádeas pra contextos máis coloquiais.

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s