Propostas pra fomenta-lo uso da lingua galega

Publicado: 14/08/2015 em Propostas

Estas propostas non van ser doadas de facer, mais se se fixeran, serían moi efectivas. As propostas son as seguintes :

  • QUE AS PELÍCULAS NOVAS ESTEAN EN GALEGO

Hai varias películas en galego, mais ningunha delas se estreou recentemente, e cando se estrean estas películas en galego fano directamente na televisión e 5 anos despois (tampouco sei a cifra exacta, é pór un exemplo, o que si que é verdade é que tardan bastante tempo) de que se estreara nos cines. E é dese lugar do que quero falar. Se ti vas ao cines galegos, hai moitas películas pra escoller, mais todas están en castelán, non se pode escoller que a queiras ver en galego, porque non hai esa opción, só castelán. E iso, estando en Galiza, e tendo en conta que a lingua propia de Galiza é o galego, non é normal.

Polo tanto, hai que facer algo pra que nos cines galegos tódalas películas que hai, se poidan ver en galego.

  • QUE OS VIDEOXOGOS ESTEAN EN GALEGO

Acó o galego case non existe. Tódolos xogos que se venden en Galiza sexan da consola que sexan están en castelán, non hai nin houbo nunca ningún xogo en galego. Este caso é peor có anterior, xa que nas películas hai unhas cantas en galego e que se emiten algunhas veces na Galega, mais acó non hai nada, non hai ningún xogo en galego. Onde vistes algún Need for Speed, Uncharted, Mario, Pokemon, Gran Turismo, FIFA… en galego? En ningures. Polo tanto, hai que contratar xente que se encargue de traducir os xogos ao galego (menús e voces). Vamos comparar có portugués. As caixas dos xogos veñen en castelán, mais despois ti podes pór o xogo en portugués, escollendo esa lingua no xogo ou na consola. E acó tamén hai outro problema : nas consolas, non podes escoller o galego como lingua prós menús. Aínda que iso podería arranxarse se as empresas sacasen unha actualización de software na que se incorporara a lingua galega. Despois as caixas dos xogos (onde tamén vén o título do xogo) terían que vir en galego, xa que é a lingua propia de Galiza, despois se alguén quere xogar en castelán teno moi doado, xa dixen antes o que había que facer pra xogar en portugués, pois tamén se podería facer pra xogar en castelán.

Polo tanto, hai que poñerse a traballar pra que os xogos que se vendan en Galiza estean en galego.


Creo que se se fixeran estas propostas o uso do galego e o entendemento desta lingua mellorarían moito, xa que as películas e os xogos son 2 dos elementos máis usados.

A xente quéixase de que os novos usan moito menos o galego do que o fan os vellos, e que é a peor época do galego da súa historia. Ben, pois os videoxogos son un elemento clave entre os novos, xa que son moi usados entre eles, polo tanto, o feito de que novos xogasen cos videoxogos en galego cambiaría moito a situación.

Respecto as películas e series, a CRTVG tería que facer unha canle chamada “Xabarín Club” seguindo o estilo de Boing ou Clan; e que, ademais de dar tódalas series que están dando agora mesmo nese programa, deran unha película as fins de semana ou os venres (ou as 2 cousas) como fai Boing ou Clan. Iso axudaría moito. Aínda que tamén axudaría o que dixen antes no apartado de películas, e é que as películas dos cines estean en galego.

O inconveniente é que habería que gastar moitos cartos, mais as vantaxes serían que aumentaría o uso e entendemento do galego e tamén diminuiría a taxa de paro e desemprego, e aumentaría o traballo, xa que pra traducir os menús e as voces de todo o que sae ao mercado nas películas e videoxogos, faría falla bastante xente. Polo tanto, creo que o gasto dos cartos estaría máis que xustificado.

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s