Xerra

Publicado: 05/09/2015 em Palabras galegas

Esta é a forma máis recoméndabel pra usar pola RAG. A forma menos recoméndabel é xarra, unha forma adaptada ao galego do castelán jarra. Porén, xarra é a forma que usa moita xente, aínda que tampouco hai moita xente que coñeza a forma xerra.

Eu usaba xarra, mais dende fai non moito coñecín a forma xerra e estouna intentando usar no canto de xarra. Paréceme que é mellor usar xerra, aínda que xarra estea admitido, xa que é máis galego e non é unha adaptación do castelán. Por iso, anímovos a que usedes xerra no canto de xarra, cando esteades falando diso.

Anúncios
comentários
  1. Luiz disse:

    Quanto a “xarra” ou “xerra” eu generalizo e pergunto: na Galiza o cidadão pode usar uma expressão linguística na forma que bem quiser? Existe uma norma (ou normativa) oficial para ser obedecida, a fim de que todos se entendam, inclusive os estrangeiros! A norma permite esta flexibilização?

    Curtir

    • Se usas formas “xarra”, “perfeito”, “destaque” ou “futebol” nun exame de galego (na escola); descóntanche algo, porque é unha falta de ortografia. Pode ser 0,25 ou 0,05, dependendo do profesor.
      Nos demais ámbitos da vida, si que pode usa-la forma que che pete. Só hai que ve-lo alto nivel que teñen os nosos políticos (coma o Feijoo), os nosos presentadores de televisión (coma o Roberto Vilar) ou os comentaristas da Radio Galega. Mais, deixándonos de ironías, podes pegar nun libro de grandes clásicos do galego (coma o Castelao, Rafael Dieste ou Ánxel Fole) pra atopar estas desviacións da normativa. A Real Academia Galega (RAG) usa como argumento que naquel tempo non existía unha norma oficial do galego e os autores baseábanse no castelán (embora iso siga ocorrendo hoxe).
      Despois, hai varias normativas alternativas propostas pro galego. En xeral, estas non son aceitas nas editoras, xornais, administración… Iso si, meterlle uns cantos castelanismos ao galego; aí sen problema ningún…
      Mais isto, en parte, tamén se aplica pro portugués. Ou que nivel de portugués teñen os vosos políticos, xornais…? Se tivesen un excelente nivel, o “Dicionário e Gramática” (https://dicionarioegramatica.com.br/) non tería que andar facendo un artigo verbo diso tódalas semanas.

      Curtir

  2. Luiz disse:

    Percebo que para usar a língua galega, os cidadãos galegos têm que se preocupar também com o restante das regiões da nação espanhola: Andalucia, Valencia, Aragon, Cataluña, etc. Dependem de uma normativa nacional que preserva os elementos comuns a todas as regiões, embora tenham sua autonomia linguística local. Caso contrário a região se emancipa. É isto mesmo?

    Curtir

  3. Luiz disse:

    As demais regiões da Espanha, com Andalucia, Valencia, Aragon, Cataluña, etc, têm línguas próprias?

    Curtir

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s