Lentes

Publicado: 13/10/2015 em Enxebre

Moitos xa sabedes que esta é a forma correcta no galego de referirse a   , mais aínda así moitos preferides usar o castelanismo gafas. Dende acó, pídovos que usedes a forma correcta “as lentes”; en feminino. Se non queredes dicir lentes, tedes un sinónimo desta palabra que é anteollos. Tanto lentes coma anteollos son válidas e están admitidas no galego, polo tanto, podedes dicir calquera destas 2 palabras, mais tentade evitar usar gafas.

Por certo, no galego non se di lentillas, iso é outro castelanismo, a forma correcta é lentes de contacto.

PD: Como comentou Alexandre, outro termo que se pode usar como sinónimo de lentes é óculos. Esta palabra é a que usan no portugués e podédela pesquisar no Priberam. Ademais, no portugués diferencian ontre o cristal (lentes, de aí que eles digan “lentes de contacto”) e o conxunto, é dicir, os cristais e maila montura (óculos, por iso eles din “óculos de sol” ou “óculos escuros”).

Anúncios
comentários
  1. Alexandre disse:

    O problema con lentes é que designa ao tempo unha parte (os cristais) e o todo (cristal+montura), o que pode levar a enganos na linguaxe máis técnica do campo da óptima, optometría e oftalmoloxía.

    Boto en falta unha referencia ao xénero da palabra, xa que en todos os casos é feminina (as lentes). Tamén se ouve moitas veces, erradamente, usar o masculino para o instrumento completo e o feminino só para a parte (as lentes dos lentes).

    Por último, ao lado de anteollos, estaría ben unha mención á forma óculos, que é a usada no portugués moderno.

    Curtido por 1 pessoa

  2. Luiz disse:

    No português do Brasil as “lentes” são “óculos”. De fato se diz “óculos escuros” ou “óculos de sol” para desinar os óculos com lentes escurecidas, para proteger contra o sol. E, por consequência, tem os “óculos de grau”, designação dada aos óculos com lentes (com dioptrias) para correção de astigmatismo, miopia, etc.

    Curtido por 1 pessoa

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s