Amalló

Publicado: 16/10/2015 em Palabras galegas

En galego pódese dicir os cordóns dos zapatos, os nós dos zapatos ou os lazos dos zapatos. Porén hai outras 2 formas máis de dicir iso en galego, e son os amallós dos zapatos e as amalloas dos zapatos.

Co verbo, pódese dicir atar os zapatos, anoar os zapatos, acordoar os zapatos, agulletar os zapatos, amarrar os zapatos, encordar os zapatos ou amalloar os zapatos. E o contrario sería desatar, desamalloar, desagulletar, desamarrar e desanoar.

E cal é a forma que usades vós a miúdo?

Anúncios
comentários
  1. Alexandre disse:

    Está moi ben que fagas artigos sobre a lingua, mais deberías ampliar a información, non simplemente enumerar as formas que veñen no dicionario da RAG. Afonda un pouco. De onde veñen as formas amallós e amalloas? Distribúense dialectalmente como outros pares -ó/-oa, como filló/filloa, mó/moa, avó/avoa? Ten relación o termo “agulletar” co uso de agullas polos zapateiros para pór os cordóns nas zocas?

    Toma exemplo do (excelente) blog Dúbidas do galego ( https://dubidasdogalego.wordpress.com/ ), que non fica só na superficie, senón que afonda no tema e achega información moi interesante.

    E ánimo co blog, non te desanimes!

    Curtir

    • Anónimo disse:

      Non pensarás comparar a un principiante coma min cun profesional e excelente xornalista coma César Lorenzo Gil. Claramente, el está noutro nivel. En todo caso, fixen esta páxina baseándome na súa (de feito, púxeno na miña presentación) e de todo se aprende. Supoño que mellorarei a medida que vaia adquirindo experiencia e descubrindo novas fontes, aínda que dubido moito que chegue ó nivel de Cequelinhos.
      Tamén é verdade que este artigo quedoume especialmente mal, e podo correxilo un pouco noutro intre.

      Curtir

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s