Ren, res e nada

Publicado: 23/10/2016 em Arcaísmos, Enxebre

Os indefinidos ren e res son dous arcaísmos que foron recuperados. A definición destas palabras son ningunha cousa ou moi pouca cousa. Algúns exemplos son:

Son moi pobres, non teñen ren.
Non come ren.
Non fai ren.
Comeron toda a sobremesa, non queda res.

Aínda que a RAG trae como sinónimo destas palabras nada, eu fago unha distinción antre este termo e ren ou res. Nada é ningunha cousa, co cal cando se di “Non comeu nada”; significa que non probou bocado, que viu a comida e dixo “Non teño fame, vou durmir” (por poñer un exemplo). Mais cando se di “Non comeu ren”, eu úsoo pra referirme a que lle deu unha ou dúas chanchadas (ou unha ou dúas culleradas, dependendo do prato) e despois xa non quixo máis. Pero se non probara nin un só bocado diría directamente “Non comeu nada”.

Iso si, esa é unha distinción persoal que fago entre esas 2 palabras, que non ten porque coincidir coa vosa. Pódese usar nada pra referirse a “pouca cousa” ou ren pra referirse a “ningunha cousa” e viceversa (como ben recolle o dicionario da Real Academia Galega). Mais existindo eses 2 termos, eu prefiro facer esa distinción. Estou seguro de que tamén hai palabras que o dicionario trae como sinónimos e vós, dependendo do contexto, usades unha opción ou outra.

Por último, embora ren só teña unha acepción (a que se dixo neste artigo, ainda que hai unha unidade de física nuclear chamada rem), res ten máis significados. Res pode significar cabeza de gando (un rabaño de cincocentas reses), raso, barbatanas laterais dalgúns peixes… Ademais, res non é unha palabra exclusiva do galego e do portugués (nesa lingua existe res, mais non co sentido que se falou neste artigo. E rem tamén existe no portugués, pero ren non), xa que tamén existe noutras linguas coma o catalán.

Anúncios
comentários
  1. […] [Nota: Este escrito baseou-se num artigo do “Extensión do galego“] […]

    Curtir

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s