Santo e san

Publicado: 20/01/2017 em Dicas

A forma santo emprégase cando van sucedidos por nomes propios masculinos que comezan por vogal (Santo Antón, Santo André), h (Santo Henrique) ou coas formas de altos rangos dentro da relixión (Santo Cristo, Santo Deus) . Unha excepción a isto é o Santo Graal, o cálice usado polo Xesucristo na Última Cea.

A forma santa emprégase sempre na súa forma completa (Santa Uxía, Santa Lucía).

A forma apocopada san úsase diante de nomes propios masculinos que comezan por consoante, bardante coa palabra Cristo (San Fernando, San Martiño).

No portugués, tamén ocorre o mesmo; mais eles utilizan são en vez de san. Velaí témo-lo exemplo da cidade máis poboada do Brasil (São Paulo) e dun dos países membros da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (São Tomé e Príncipe).

comentários
  1. Luiz disse:

    No português do Brasil temos também “Santo Padre”, “Santo Deus”, “Santo Pai”, “Santo Sepulcro”, “Santo Sacrifício”, “Santo Sudário”, Santo “Henrique”, etc.

    O professor Cláudio Moreno faz uma breve explanação sobre o assunto aqui: http://sualingua.com.br/2009/05/08/sao-ou-santo/

    Curtido por 1 pessoa

    • Beizón por ese artigo. Un artigo excelente, dígase de pasaxe.

      Curtir

    • Si, cos nomes de divindades relixiosas si que se usaria a forma plena “santo”. Non hai ninguén que diga “San Padre”, “San Deus”, “San Pai” ou “Santo Sepulcro”.
      En todo caso, neste artigo falamos de nomes propios. Os exemplos que deches son obxectos sagrados (sudário, sepulcro), títulos honoríficos ou de respeito (padre, pai), ritos (sacrificio) ou seres todopoderosos e omnipresentes (Deus). Esta é a mesma razón pola que se a forma “santo” con “Cristo”. Usa-la forma apocopada seria como faltarlle un pouco ao respeito, como se o non tratase como alguien poderoso.
      Despois, si que se usa “San Pedro” ou “San Paulo”, xa que estas apenas eran persoas normais que adicaron a súa vida a religión. Só eran “simples” mortais e humanos, coma todos nós.
      Respeito a Henrique, admito que me esquecín poñer que a regra é cando as palavras comezan por vogal ou por h. Vou corrixir iso.

      Curtir

    • Ao final, o uso de “santo” con “Sepulcro” e “Sudário” é pola mesma razón que se di “Santo Graal”. Son obxectos sagrados e, polo tanto, únicos.

      Curtir

  2. Luiz disse:

    Concordo plenamente.

    Curtido por 1 pessoa

Deixa o teu comentario