As tres formas de agradecemento no galego

Publicado: 28/01/2017 em Enxebre

No galego, actualmente, temos tres formas de agradecemento. A máis utilizada é a máis coincidente co castelán: grazas, xunto co seu diminutivo graciñas. Amais, temos unha segunda opción, usada pola meirande parte dos reintegracionistas, que é a coincidente co portugués: obrigado.

As dúas son escollas perfeitamente lídimas, mais teñen a eiva de que son fórmulas estranxeiras. Empréstimos coa finalidade de suplir unha suposta carencia na nosa lingua. Mais digo “suposta”, porque os galegos tamén temos un xeito de agradecemento de noso: beizón. Esta fórmula tivo bastante uso até o século XX, o cal é relativamente pouco. Ende mal, o seu uso foi decaendo e hoxe está case extinta. Iso é doadamente comprobábel. Cantos de vós escoitastes a alguén usar “beizón” pra mostra-la súa gratitude?

Pero nós podemos evita-lo encamiñamento actual que está a facer esta expresión cara ao esquecemento. Como? Pois usándoa, sempre que poidamos.

Por último, quero mandar unha mensaxe aos reintegracionistas. Moitos deles protestan, porque a xente di que son uns aportuguesados e uns lusistas, cando en realidade están intentando restabelece-la tradición do galego (en referencia á Idade Media). Non é un bo comezo poñerse a usa-lo “obrigado” dos portugueses, en vez de tentar recupera-lo “beizón” galego.

Nota: Ademais do citado neste artigo, “beizón” ten varios significados e todos eles teñen como sinónimo “bendición”. Mais “bendición” non se pode usar como expresión de agradecemento.

Anúncios
comentários
  1. Luiz disse:

    Fui aos dicionários verificar se existe “beizón” em português, mas não há. Como agradecimento, no Brasil usa-se “obrigado” e também “grato”. Curioso: o dicionário Aulete online não registra “obrigado” como agradecimento. Ver http://www.aulete.com.br/obrigado

    Curtido por 1 pessoa

  2. Luiz disse:

    Em dicionários, definição, registro, verbete, são sinônimos. Como “non é unha definición” então mantenho o meu post: o dicionário Aulete online não registra “obrigado” como agradecimento.

    Curtir

  3. Sonia disse:

    boas tardes! (Ou será boa tarde?) cheguei aquí buscando (será pesquisando?) unha duda (será dúbida?) en google. Teño 36 anos e son galegofalante, ó igual que a miña familia e os meus amigos (pobo interior de lugo). O galego que eu estudei (será agora estudei?) non ten moito que ver co que ti escribes, e pode que o meu texto che pareza cheíño de atentados lingüísticos… a min gústame ter como lingua o galego, e defendereino sempre, pero non cambiar palabras para recuperar as súas raíces. Os idiomas son algo vivo, que non deixa de medrar, pero sempre cara adiante. “Por último, quero mandar unha mensaxe aos reintegracionistas. Moitos deles protestan, porque a xente di que son uns aportuguesados e uns lusistas, cando en realidade están intentando restabelece-la tradición do galego (en referencia á Idade Media).” En serio? Imos cambiar palabras só pra honrar o pasado? E outra frase que escribes hai dou anos e me parece contradictoria con esta afirmación: “Eu creo que debería admitir atrais e detrais, xa que é a escrita a que se ten que adaptar a fala, e non ao revés.” En qué quedamos entón?

    Curtir

    • Non sei se castelanizarse é medrar cara adiante. Eu non o vexo así. O galego evolucionou ben nalgunhas cousas, non o vou negar, pero a influencia do castelán está a transformalo nun dialeto seu; como pode se-lo andaluz. Contra iso é contra o que hai que loitar, contra a influencia do castelán no ámbito lexical, morfolóxico, semántico… en tódolos ámbitos, pra resumir.
      O portugués é un bo espello, xa que este evoluiu sen a presión do castelán. Non é exactamente así, mais a súa situación foi moito máis agradable ca do galego. Pero, mesmo así, ten bastantes castelanismos e algunhas das formas utilizadas nesa língua non fan falla no galego; pois xa témo-las nosas própias e xenuínas.
      Non vexo que contradicción hai. Se a fala non está afectada por factores externos (castelán, inglés…) e sofreu unha evolución, máis ou menos, lóxica (do latín, do árabe ou doutro idioma); entón a escrita debe adaptarse a esta.

      Curtir

      • Luiz disse:

        Já o português brasileiro nos últimos 5 anos vem sofrendo uma discreta e crescente influência na escrita, a meu ver não muito boa, que é o uso abreviado de palavras, causado pelo uso quase que generalizado do aplicativo WhatsApp nos smartphones. Por exemplo, escreve-se “Obg” no lugar de “Obrigado” (o “beizón” galego), “Blz” no lugar de “Beleza”, “Tá” no lugar de “Está”, “Tô” no lugar de “Estou”, “q” no lugar de “que”, “bjs” no lugar de “beijos”, “tb” no lugar de “também”, “vc” no lugar de “você”,etc. Não sei onde isto vai dar.

        Curtir

    • O Whatsapp é gratuito e non che cobran; ò contrario cós SMS. Que culpa terá o Whatsapp?

      Curtir

      • Luiz disse:

        O Whatsapp é apenas o veículo, não tem culpa. A questão é: a língua no momento está passando por uma pequena transformação. A pergunta que se faz é: isto será bom ou ruim?

        Curtir

      • Outra pergunta é: Será unha transformación pasageira, ou perdurará no tempo? Ficará no contexto informal ou conseguirá estenderse ós ambientes máis cultos?

        Eu teño a miña opinión ó respeito, mais será o tempo o encargado de darnos a resposta definitiva.

        Curtir

  4. Luiz disse:

    Na Galiza usa-se muito o Whatsapp?

    Curtir

  5. Luiz disse:

    “Outra pergunta é: Será unha transformación pasageira, ou perdurará no tempo? Ficará no contexto informal ou conseguirá estenderse ós ambientes máis cultos?”

    Concordo plenamente.

    Isto também ocorre no galego?

    Curtir

    • No galego e no castelán e, seguramente, en máis idiomas. Son expresións que foron creadas na época dos SMS pra aforrar letras (xa que cada letra de máis significaba gastar máis cartos) e que inda se poden atopar agora en medios coma o Twitter ou o Facebook. No Whatsapp menos, porque é gratis; independentemente das letras que poñas; mais tamén se pode atopar.

      A miña sensación é que estas formas xa van caendo en desuso, e dubido que sigan sendo usadas; a no ser que haxa algún medio que limite os caracteres dispoñíbeis pro teu texto (claro está, sen cobrar; xa que entón non acredito que houbese moita xente disposta a usar ese aplicativo).

      Curtir

  6. Luiz disse:

    Galiza tem Whatsapp?

    Curtir

  7. Luiz disse:

    “Outra pergunta é: Será unha transformación pasageira, ou perdurará no tempo? Ficará no contexto informal ou conseguirá estenderse ós ambientes máis cultos?”

    Minha opinião: é uma transformação que não perdurará e não se estenderá aos meios onde predomina a língua culta. Daqui há alguns anos será algo do passado.

    Até porque esta pequena anomalia somente está ocorrendo na língua escrita, não na falada. Por exemplo, Obg, Blz, Bjs são expressões impronunciáveis.

    Curtido por 1 pessoa

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s