O uso do artigo co posesivo

Publicado: 18/02/2017 em Dicas

A regra xeral di que é obrigatoria a presenza do artigo diante do posesivo:

Na miña opinión, cos seus anos, trouxen o teu caderno…

Mais hai algunhas excepcións:

O uso do artigo é opcional nos seguintes casos:

  • Nos nomes de parentesco: Miña nai. Nosos irmáns.
  • Nos nomes de carácter relixioso, seres únicos ou dignidades: Súa Excelencia. Noso Señor. Nosa Señora do Carme.
  • Cando aparece un distributivo. Nalgúns casos, a presenza do artigo pode resultar redundante: Foron pasando cada un con súa entrada.

Non se pode usa-lo artigo nos seguintes casos:

  • Nos vocativos e exclamacións: “Meu deus!” “Meu amigo, así che son as cousas!” “Meu pobre, onde irás?” “Eh, meu! Agarda por eles.”
  • En certas expresións e frases feitas: Meu dito, meu feito. Miña casiña, meu lar.
  • Cando vai precedido por un demostrativo: Este meu can é fino coma un allo. Ese teu seenzo resulta moi expresivo.
  • Diante de determinados adverbios e locucións adverbiais: Pasou diante nosa. Caeu enriba súa.
  • Coas expresións de meu, de teu, de seu, de noso e de voso.
  • Coas formas cadanseu(s) e cadansúa(s).

 

Anúncios

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s