Arquivo da categoria ‘Deportes’

Plantel

Publicado: 17/07/2015 em Deportes, Non admitido
Tags:

Esta palabra úsase moito no galego, no ámbito deportivo, pra substituír a palabra castelá plantilla. Esta palabra non está admitida no galego, e a RAG recomenda usar cadro de persoal ou persoal. Esta palabra está ben e é perfecta noutros ámbitos, mais no ámbito deportivo, habería que admitir plantel, xa que hai unha pequena diferenza con cadro de persoal ou persoal. Cando ti dis o cadro de persoal ou persoal dun equipo, estaste referindo a tódolos traballadores desa entidade (xogadores, preparadores físicos, fisioterapeutas, médicos, encargados do material, presidente, adestradores, observadores, director deportivo…), mais cando ti dis o plantel dun equipo, estaste referindo só aos xogadores dese equipo.

Polo tanto, habería que admitir plantel, só no ámbito deportivo, xa que non é un sinónimo total de cadro de persoal ou persoal, e ademais está moi espallado entre os galegofalantes, ata o punto de que na Galega, usan plantel a miúdo.

Mediocentro

Publicado: 13/07/2015 em Castelanismos, Deportes, Non admitido

Moita palabra diría que esta palabra está admitida no galego, ata o punto de que nunha nova de deportes da Galega aparece a palabra mediocentro (http://www.crtvg.es/informativos/sergio-marcos-do-vilarreal-poderia-incorporarse-a-disciplina-do-lugo-1282011). Mais no galego non está admitida, e débese substituír por mediocampista ou centrocampista. Eu penso que mediocentro é un castelanismo innecesario, podendo usar mediocampista ou centrocampista