Arquivo da categoria ‘Espallado’

Unha das características que máis definen ao galego é a perda dos n e os l intervocálicos. Esta tendencia adoita levarse alén dos límites da normativa, considerándose hipergaleguismos. Este fenómeno non se dá no castelán e, só até certo punto, acontece no portugués (case igual ca no galego oficial). Porén, Lisboa intentou “limpar” un pouco os rastros de galego que puidese haber na súa língua. Tiveron suceso nalgunhas formas, pero fracasaron en moitas outras.

Eu acho que este é un dos fenómenos máis característicos do galego e debería estar admitido, xa que tamén se trata de economía linguística. Abandoar, antea, aprisioar, brilar, caor, capiduo, condea, escea, esceario, fregoa, mua, ordear, ordeanza, homaxe, piar, , saar, seenzo, tiduo, vixiancia, voátil, zoa… todas elas deberían ser aceitas. Obviamente, isto faríase até certo punto. Formas coma maravila, orgulo ou varoil seguirían sendo hipergaleguismos, xa que non están moi espalladas antre a poboación e non soan moi ben. Quizais dentro duns anos, pero hoxe en día (ano 2017) non.

Outrosí se podería facer o mesmo coas formas rematadas en -eiro/-eira: panteira, primaveira, seveiro, sinceiro, sinceiramente… Mais, neste caso, ten sentido que a RAG decidise non admitir estas variábeis; xa que, etimologicamente falando, son anomalías. Pero tamén o é o uso do -ão pra todo dos portugueses, e velaí os tendes.

Após todo, a Real Academia Galega (RAG) defende que o galego é unha língua de seu. Se ese é o caso, debería recorrer aos elementos máis caracterizadores da Galiza; do contrario, parecerá un dialecto do castelán ou do portugués. Temos moitos elementos que nos diferencian dos nosos veciños, unha mágoa non empregalos.

Anúncios