Presentación

Esta páxina está pensada pra complementar a Dúbidas do galego.

Aquí vamos tratar sobre posíbeis dúbidas do galego, posíbeis palabras pra incluír no dicionario, as miñas opinións, suxestións, diferentes ideoloxías sobre o galego, palabras que cómpre evitar, palabras algo descoñecidas, propostas pra fomentar o galego…

Tamén teño outra páxina, pero en ortografia reintegracionista e que trata temas sobre a configuración da variante galega dentro da lusofonia (https://umnovoreintegracionismo.wordpress.com/).

comentários
  1. Adrián disse:

    Parabéns polo blog, seguro que somos moitos os que temos moreas de dúbidas co galego, no meu caso moi oxidado por falta de práctica. Preguntábame se habería algún termo en galego para “arrebol” (http://dle.rae.es/?w=arrebol&o=h 1. m. poét. Color rojo, especialmente el de las nubes iluminadas por los rayos del sol o el del rostro.)

    Curtir

    • Anónimo disse:

      En realidade, hai 3 termos.
      Podes usar “rubién” ou “roibén” (os dous son sinónimos) pra referirte á “luz radiante en tons vermellos que tinxe as nubes no horizonte ó abri-lo día ou á tardiña, cando lles dá o sol”.
      E despois podes usar “rubor” pra referirte á “cor rubia característica que o rostro presenta de modo pasaxeiro por mor da vergoña, da timidez ou de certos estados de ánimos”.
      As 3 palabras podes buscalas no dicionario da RAG.
      Como vés dependendo do significado tes que usar un termo ou outro pra substituír a palabra castelá arrebol. Tamén deberías ter en conta que “arrebol” ten un uso xeralmente literario, mentres que estas palabras pódense usar na linguaxe cotiá sen ningún problema.

      Curtir

  2. Marisa disse:

    Ola, estou facendo unha lista de blogs para recomendar aos meus alumnos e alumnas, para iso estou citando os seus autores, pero no caso do teu non vía o teu nome ou pseudónimo por ningures. Gustaríame poder referirme a ti de algunha maneira porque me gustaría inculcarlles a importancia de citar a alguén e non só copiar e apropiarse do contido como se fora propio. Grazas!

    Curtir

    • Pódeste referir a min polo “autor do Extensión do galego”.
      Se fai falla un pseudónimo, pois entón ese sería “Bellaldi”. Mais non me convence iso de usar pseudónimos, se non for necesario.

      Curtir

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s