Arquivo da categoria ‘Xornal’

Periódicos escritos en galego

Publicado: 31/07/2015 em Xornal

Na prensa escrita en papel, a presenza do galego é moi baixa, polo tanto, tamén o son os periódicos integramente en galego. De feito, eu só coñezo 2 periódicos integramente en galego e que sexan de información xeral, que son :

Sermos Galiza, que conta cunha publicación semanal.

Novas da Galiza, que conta cunha publicación mensual. Este periódico non está escrito na lingua galega oficial, senón que está escrito coa normativa do reintegracionismo de máximos.

Como vedes, non hai ningún xornal de información xeral integramente en galego.

No que si que hai maior presenza do galego son nas revistas, por exemplo, Código Cero conta coa súa propia revista.

Se alguén quere ler un xornal ou portal dixital en galego, ou se xa está lendo algún, estes son algúns xornais escritos en lingua galega :

  • Nós Diario – Xornal de intereses galegos (información xeral)
  • Praza Pública: O xornal da Galicia que vén (información xeral)
  • Galicia Confidencial, as novas máis confidenciais de Galicia (información xeral)
  • Galicia Hoxe – Noticias en galego a diario (información xeral)
  • Xornal Galego – Noticias de Galicia en galego
  • Novas do eixo atlántico: Xornal Galego-Português da Gallaecia (información xeral)
  • Diário Liberdade, portal anticapitalista da Galiza e os países lusófonos (non está escrito no galego oficial, senón que está escrito no galego reintegracionista)
  • Cultura galega, información cultural e actualidade cultural de Galiza
  • Que pasa na Costa, diario dixital da Costa da Morte
  • Crónica 3.com A Mariña – costa de Lugo – información da Mariña lucense
  • Terra Chá… Xa!, novas da Terra Chá
  • http://codigocero.com/ ou http://codigo.gal/ (as dúas son a mesma páxina, mais paréceme que está mellor feita o codigocero.com cá codigo.gal)(Código Cero, portal de novas tecnolóxicas)
  • Mallando no Android – Tecnoloxía e Android en Galego
  • GCiencia, o portal da ciencia galega
  • Nacional, critério independente (é un xornal con ideoloxía independentista galega. De feito, non é un xornal; xa que non saca os seus artigos tódolos días, nin tódolas semanas…, e ás veces nin tódolos meses. Mais tampouco se podo dicir que sexa un blogue. Por iso o inclúo acó.)
  • Chuza! [Esta páxina tivo unha etapa anterior, mais pechou hai tempo e estivo nesa situación ata hai pouco (ou estivo bastante inactivo). Mais, xa están de volta]