Arquivo da categoria ‘Castelanismos’

Xarrón

Publicado: 17/08/2015 em Castelanismos

Este é un castelanismo non admitido que provén de jarrón. Esta moi espallada, mais as palabras admitidas son floreiro e vaso.

Eu, persoalmente; prefiro usar floreiro, xa que vaso é como lle chamo ao recipiente onde bebo, e tamén me parece que floreiro está bastante máis espallado ca vaso. Agora, vós usade a forma que queirades (floreiro ou vaso), mais non usedes xarrón.

Mediocentro

Publicado: 13/07/2015 em Castelanismos, Deportes, Non admitido

Moita palabra diría que esta palabra está admitida no galego, ata o punto de que nunha nova de deportes da Galega aparece a palabra mediocentro (http://www.crtvg.es/informativos/sergio-marcos-do-vilarreal-poderia-incorporarse-a-disciplina-do-lugo-1282011). Mais no galego non está admitida, e débese substituír por mediocampista ou centrocampista. Eu penso que mediocentro é un castelanismo innecesario, podendo usar mediocampista ou centrocampista