Arquivo da categoria ‘Hipergaleguismo’

Unha das características que máis definen ao galego é a perda dos n e os l intervocálicos. Esta tendencia adoita levarse alén dos límites da normativa, considerándose hipergaleguismos. Este fenómeno non se dá no castelán e, só até certo punto, acontece no portugués (case igual ca no galego oficial). Porén, Lisboa intentou “limpar” un pouco os rastros de galego que puidese haber na súa língua. Tiveron suceso nalgunhas formas, pero fracasaron en moitas outras.

Eu acho que este é un dos fenómenos máis característicos do galego e debería estar admitido, xa que tamén se trata de economía linguística. Abandoar, antea, aprisioar, brilar, caor, capiduo, condea, escea, esceario, fregoa, mua, ordear, ordeanza, homaxe, piar, , saar, seenzo, tiduo, vixiancia, voátil, zoa… todas elas deberían ser aceitas. Obviamente, isto faríase até certo punto. Formas coma maravila, orgulo ou varoil seguirían sendo hipergaleguismos, xa que non están moi espalladas antre a poboación e non soan moi ben. Quizais dentro duns anos, pero hoxe en día (ano 2017) non.

Outrosí se podería facer o mesmo coas formas rematadas en -eiro/-eira: panteira, primaveira, seveiro, sinceiro, sinceiramente… Mais, neste caso, ten sentido que a RAG decidise non admitir estas variábeis; xa que, etimologicamente falando, son anomalías. Pero tamén o é o uso do -ão pra todo dos portugueses, e velaí os tendes.

Após todo, a Real Academia Galega (RAG) defende que o galego é unha língua de seu. Se ese é o caso, debería recorrer aos elementos máis caracterizadores da Galiza; do contrario, parecerá un dialecto do castelán ou do portugués. Temos moitos elementos que nos diferencian dos nosos veciños, unha mágoa non empregalos.

Lista de hipergaleguismos

Publicado: 30/10/2016 em Hipergaleguismo

Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos son palabras creadas co fin de distanciarse do castelán, xa sexa intencionalmente ou por confusión e descoñecemento das formas normativas do galego. Non se deben confundir con outros fenómenos coma os dialectalismos, vulgarismos, arcaísmos ou lusismos. Acó tedes unha lista dalgúns dos hipergaleguismos máis usados e que cómpre evitar, polo menos, na escrita. No persoal, eu recoméndovos evita-la maioría destes tamén na fala; bardante casos concretos coma primaveira.

  • Abandoar e abandoo (abandonar e abandono)
  • Adourar (adorar)
  • Antea (antena)
  • Ambente (ambiente)
  • Aprisioar (aprisionar)
  • Asesiño (asasino)
  • Bocadelo (bocadillo)
  • Brilar e rebrilar (brillar e rebrillar)
  • Bruxeiría (bruxaría ou bruxería)
  • Calqueira (calquera)
  • Condea (condena)
  • Conscente (consciente)
  • Cristaíño (cristalino)
  • Curtar (cortar)
  • Destiño (destino)
  • Diferenzábel/diferenzable (diferenciábel/diferenciable)
  • Diferenzalista (diferencialista)
  • Diferenzalismo (diferencialismo)
  • Diferenzar (diferenciar)
  • Diferenzazón/diferenzación (diferenciación)
  • Diviño (divino)
  • Escea e esceario (escena e escenario)
  • Espazal (espacial)
  • Estrano (estraño)
  • Existenza (existencia)
  • Fregoa (fregona)
  • Fror (flor)
  • Gasoliña (gasolina)
  • Hourizonte (horizonte)
  • Humán (humano)
  • Importanza (importancia)
  • Inconvinte (inconveniente)
  • Independenza (independencia)
  • Insuar (insinuar)
  • Libreiría (libraría ou librería)
  • Marabila (marabilla)
  • Mediciña (medicina)
  • Montana (montaña)
  • Norde (norte)
  • Obedencia (obediencia)
  • Oubriga (obriga)
  • Ordear (ordenar)
  • Ordeanza (ordenanza)
  • Orgulo (orgullo)
  • Pacente (paciente)
  • Púbrico (público)
  • Preferenza (preferencia)
  • Primaveira (primavera)
  • Quimeira (quimera)
  • Recurte e recurtar (recorte e recortar)
  • Román  (romano)
  • Sagreficio (sacrificio)
  • Segredario (secretario)
  • Semán (semana)
  • Seveiro (severo)
  • Sinceiro e sinceiramente (sincero e sinceramente)
  • Tortela (tortilla)
  • Trunfo (triunfo)
  • Urbán (urbano)
  • Varoil (varonil)
  • Veterán (veterano)
  • Vixiancia (vixilancia)
  • Voátil (volátil)
  • Zoa (zona)

Esta é un hipergaleguismo non admitido pola RAG, e a forma correcta é portugués; tanto no galego coma no castelán e, precisamente, no portugués; aínda que alí escríbese português. Esta forma, probabelmente, vén de que ao pasar do castelán ao galego, moitas veces o j cámbiase polo x; neste caso, cambiouse o g polo x. Probabelmente, a gheada ten a meirande parte da culpa desta mudanza. Esta forma ten certa extensión, aínda que non está moi espallada.

Este é un hipergaleguismo que cómpre evitarmos usar.

Estes 3 hipergaleguismos teñen 2 características en común innegábeis, aínda que tamén se podería engadir unha terceira.

A primeira é que, polo momento, non están admitidas pola RAG.

A segunda é que as 3 perderon o n intervocálico, xa que escena, escenario e zona (esas son as palabras admitidas actualmente pola RAG) pasaron a escea, esceario e zoa. A razón disto é que o n e o l intervocálico do latín pérdese ao pasar ao galego, como no caso de lunam, que pasa ao galego como lúa, de aí o porqué de que se use escea, esceario e zoa. Tamén lle pasa o mesmo a abandonar e abandoar.

A terceira que se podería engadir é que as 3 palabras están moi espalladas, ata o punto de que se podería dicir que son máis usadas cás palabras admitidas (escea, esceario e zoa).

Polo tanto, creo que estas 3 palabras deberían admitirse no galego, xa que non incumpren ningunha regra e non teñen ningunha eiva pra que non se admita e, ademais, son moi usadas e están moi espalladas.

Ademais destas palabras, tamén hai outra palabra que cumpre con estas características, e é fregoa. A forma admitida pola RAG é fregona.

Estes son uns hipergaleguismos moi comúns no galego, tan comúns que penso que estas formas son máis usadas cá que están admitidas pola RAG, que son sincero e sinceramente.

Sinceiro/sincero provén do latín sinceru. En castelán e en portugués dise sincero.

A verdade penso que habería que admitir estas formas (sinceiro e sinceiramente) xa que están moi espalladas e son máis usadas cás admitidas pola RAG. Amais, sinceiro e sinceiramente están tan espallados e sóanos tan normal que ata no programa Era Visto da Galega usaron esta forma. De feito, no galego, creo que nos soa máis normal dicir sinceiro e sinceiramente ca sincero e sinceramente.

Un dos máis famosos e espallados, e que aínda segue moi espallado é fror. Actualmente, a forma correcta é flor, mais aínda hoxe hai bastante xente que di fror, e podemos encontrar numerosos textos desa época coa palabra fror. A verdade non sei porque non a permitiron.

Unha verba moi presente nos poemas galegos da Rosalía de Castro é probe. A forma correcta é pobre.

Outra palabra moi espallada antes de sacar o galego normalizado, foi primaveira, e aínda está moi extendida antre os galegofalantes, ata o punto de que é máis usada ca primavera, ou polo menos están bastante igualados. Tampouco sei porque non a permitiron.

Unha palabra que lla vin escrita a Manuel Curros Enríquez é trunfo, co significado de triunfo.

Outra palabra é espranza co significado de esperanza.

O que vou dicir chámanlle lusismo. Nas obras do Eduardo Pondal, e no himno galego, usaba a terminación -zón en lugar de -ción, coma nazón e redenzón, en lugar de nación e redención. Noutro texto de 1935-1936 aparecía a palabra unificazón, no canto de unificación. Polo tanto, a terminación non foi nen é algo descoñecido prós galegos, é dicir, que se admitisen esta terminación; adaptariámonos bastante rápido.

Mediciña é un hipergaleguismo bastante espallado entre os galegofalantes, que non está admitido pola RAG e no seu lugar, debemos usar medicina ou menciña, agás pra referirse á profesión, por exemplo:

El estudou medicina.

Mediciña, probabelmente, proveña dunha tendencia a que as palabras que rematan en -ina, sexan -iña en galego, axudado por unha mestura entre medicina e menciña, dando como resultado a palabra hipergaleguista mediciña.

Teño que dicir que sempre uso mediciña en lugar de medicina ou menciña, aínda que eu creo que habería que usar menciña. Porén, como menciña non é sinónimo de medicina en todo, habería que admitir mediciña en lugar de medicina. Ademais, mediciña non é unha palabra descoñecida prós galegofalantes.