Evoluir

Publicado: 15/10/2015 em Enquisa, Lusismo

Esta é unha palabra admitida no portugués, mais que non está admitida nin no galego nin castelán. A forma correcta nesas 2 linguas é evolucionar. Porén, e esta é unha opinión persoal, “evoluir” é unha palabra moi bonita é que encaixaría perfectamente no galego. Polo tanto, na miña opinión, habería que admitir “evoluir” no canto de “evolucionar”. Cal é a vosa opinión verbo disto?

Anúncios
comentários
  1. Anônimo disse:

    Evoluir, é moito mais fermosa que evolucionar. Esta, é mais semellante ó castelán, porén, evoluir, debería ser galeguizada.

    Curtido por 1 pessoa

  2. Anônimo disse:

    Evoluir non leva til no i?

    Curtir

  3. Anónimo disse:

    Se vos gusta que esta páxina faga enquisas deste tipo, é posíbel que faga máis enquisas así, preguntándovos como debería ser pra vós o galego. E tomara as nosas voces sexan escoitadas.

    Curtir

  4. A nai disse:

    evoluir é legitimamente galego:
    http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=evoluir&tipo_busca=lema

    Outra cousa é que nom seja español nem galeñol

    Curtir

    • Anónimo disse:

      Tamén só aparecen en 2 dicionarios antes da normalización lingüística (1983). De feito, se buscas, tamén aparece “fror” e “primaveira”, que non sei porque non é normativo e decidíronse por “flor” e “primavera”.
      O que si é verdade é que “evoluír” ten tódalas condicións pra ser lexitimamente galego, e a RAG debería admitir esta palabra no canto de “evolucionar”.
      E por “galeñol”, a que te refires, ó gastrapo ou ó galego da RAG?

      Curtir

  5. O neno das augas disse:

    Evoluir é un galicismo, presente no portugués. Evolucionar é a forma tradicional do portugués, de
    “evolução”, e que aínda que está nos dicionarios xa se usa pouco. De verdade que non vexo a necesidade de introducir ese galicismo no galego, cando temos a forma propia en uso pleno.

    Curtir

    • Anónimo disse:

      O de “evolução” descoñecíao, grazas por achegar ese dato. En todo caso, “evolução” en galego é “evolución” e evolución si que hai que mantelo. Eu estou falando de “evoluir” e “evolucionar”, claro que tamén se podería admiti-los dous verbos. Só estou falando dos verbos.

      Curtir

    • A nai disse:

      Melhor “evoluir” que “evolucionar”, porque nos aproxima do português, e nos arreda do castelám (língua que está a nos absorber). De resto, “evoluir“ está registado nos dicionários galegos tradicionais …

      Curtido por 1 pessoa

    • Anónimo disse:

      +O neno das augas Pois entón, admitamos “evoluír” como sinónimo de “evolucionar”. Non hai necesidade de que “evolucionar” deixe de estar admitido, certo. Mais tampouco hai necesidade de non admitir “evoluír”. É certo que evoluir provén do francés évoluer, mais cantas palabras hai na nosa lingua que proveñan do francés? Entón, tampouco terían que estar admitidas os galicismos chalé, elite, filete, garaxe, hotel, marioneta, menú, peluche, tonel, xoia…. Tampouco hai necesidade de dicir “Tour de Francia” ou “Giro de Italia”, porque non dicimos “Volta á Francia” ou “Volta á Italia”?
      Evolucionar vén do latín evolutione+ar. Como xa che dixen antes, poden seren admitidos os 2 verbos; non hai necesidade de admitir só evolucionar e descartar a evoluír, e facer coma se non existise esa palabra. Na miña opinión, tanto evoluír coma evolucionar terían que estar admitidos.

      Curtir

  6. Alexandre disse:

    Non entendo o porqué de falar do castelán para decidir a terminoloxía galega. Debemos mirar primeiro para a nosa propia lingua moderna, e segundo para as outras variantes do noso sistema lingüístico (portugués de Portugal e portugués do Brasil). É un erro deixar que o castelán afecte máis á nosa lingua, xa que por achegamento mete castelanismos e por distanciamento hiperenxebrismos, e ambas as cousas deterioran a nosa lingua.

    Se queredes falar do castelán, entón falade tamén do resto de linguas neolatinas, para que só inflúa ao mesmo nivel que o francés, o catalán, o romanés, o occitano ou o italiano.

    Curtir

    • Anónimo disse:

      Esa é a túa opinión e outros terán outra, por algo fago enquisas.
      En todo caso, tomarei nota pra artigos futuros (ou pasados) o de incluír outras linguas aparte do castelán, sobre todo a que incluirei será o latín, aínda que tamén pode se-lo grego ou o árabe nalgúns casos.
      Ademais, se ollamos pra Portugal e pró Brasil; vemos que están admitidos os termos evoluir e evolucionar, e o uso de evoluir está moi extendido. Polo tanto, a situación de evoluír está ben clara. Debe ser admitido.

      Curtir

  7. Paulo disse:

    Eu sou muito interessado na língua galega, apesar de ser brasileiro, eu quero saber dos falantes de galegos, só por curiosidade, quais termos galegos possíveis em português que tu gostarias mais de ver em português? E se há alguma.

    Curtido por 1 pessoa

Deixa o teu comentario

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s